Peltigera
Peltigera
[PROTISTA/FUNGO]
Xénero de ascoliques, da familia das peltixeráceas, de talo groso e foliáceo cos apotecios co bordo non diferenciado. Esténdense sobre o substrato, pero non se adhiren a el. Son terrícolas e humícolas, e crecen sobre todo entre o mofo.