Pena da Portela, torre da

Pena da Portela, torre da

Construción situada en Xinzo de Limia. Formou parte dunha fortaleza abandonada no s XVIII e non se sabe con certeza a data da súa construción. Puido edificarse en época sueva, no s XII; no contexto das loitas entre Tareixa de Portugal e a súa irmá, a Raíña Urraca; ou no s XIV durante as Guerras Irmandiñas. Situada no cumio do monte da Pena, formaba parte das catro torres (Pena da Portela, Sandiás, Celme e Porqueira) que protexían a lagoa de Antela. Ten planta cadrada e conserva a porta, o cadeirado e as ménsulas. Ao ser unha construción defensiva case non ten vans. O duque de Lancaster tomouna en 1386 cando pertencía aos Biedma. Posteriormente pertenceu aos Monterrei, que mantiveron cos Lemos un litixio pola súa posesión. Foi declarada BIC en 1994.

Palabras veciñas

Pena da Mula | Pena da Muller | Pena da Pipa | Pena da Portela, torre da | Pena da Serra | Pena da Valia do Bou | Pena da Veiga