penacho

penacho

(< ital pennacchio)

  1. s m
    1. Conxunto de plumas que presentan na parte superior da cabeza certas especies de aves. OBS: En ocasións só o posúe un dos sexos.

      Confrontacións: carrapucho, crista.
    2. Conxunto de plumas que se emprega como adorno dun sombreiro, dun helmo, dun casco, dun toucado, etc.

  2. s m
    1. Calquera cousa ou figura que ten forma de penacho.

    2. [BIOL]

      Feixe de apéndices filiformes.

    3. Crina do cabalo que cae sobre a súa cabeza.

    4. Parte dunha montaña ou dunha rocha que sobresae pola súa altura.

    5. [FÍS]

      Descarga eléctrica intermitente acompañada dun fenómeno luminoso, que se manifesta na superficie dun corpo situado nun medio gasoso e sometido a un potencial elevado. Cunha estrutura ramificada, é insuficiente para a formación dunha verdadeira faísca.

Palabras veciñas

Pena-Dedra | Penaboa | Penacabreira | penacho | Penacorva | 1 penado -da | 2 penado -da