Penas-Corbeiras, pazo de
Penas-Corbeiras, pazo de
Construción situada en Sancovade (Vilalba). Está formada por varios corpos engadidos en distintas épocas. Na planta baixa ten portas de entrada ao pazo e á capela. Na fachada destacan os lenzos que enmarcan os vans. Sobresae o balcón con ménsulas de pedra nun dos laterais. Os muros son de cachotaría de lousa.