Penedos de Traba
Penedos de Traba
Formación granítica da Costa da Morte que se estende entre as parroquias de Traba (Laxe) e Carantoña (Vimianzo), e constitúe o extremo oriental da serra de Pena Forcada. A súa litoloxía e xeomorfoloxía confírenlle á formación un modelado, produto da meteorización e alteración dos bloques diaclasados, de xeito que os cumios se resolven nunha sucesión de castelos. Culmina nos 300 m de altitude do alto de Rascabolos.