Penela

Penela
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega orixinaria do lugar do mesmo nome, no municipio de Palas de Rei (Lugo). Trae por armas, en escudo cortado, primeiro, en campo de prata, un león rampante, ao natural, e segundo, en campo de ouro, un caldeiro de sable, acompañado de dúas panelas do mesmo metal, unha a cada lado; bordura de goles con oito aspas de prata. Outros traen, en campo de goles, seis follas, de sinople, cos pecíolos cara ao xefe, colocadas en dous paus.