penitenciaría

penitenciaría

(< penitencia)

s f

Primeiro dos tres tribunais da curia romana, dedicado ao foro interno, é dicir, a todas as cuestións de conciencia, como absolución dos casos reservados á Santa Sé, a solución de casos difíciles de conciencia, as dispensas, as sancións e as conmutacións de votos. Foi fundado por Inocencio IV e Pío V (1569) fixou as súas competencias. OBS: Tamén se denomina penitenciaría apostólica.

Palabras veciñas

penitencia | penitencial | penitenciar | penitenciaría | penitenciario -ria | penitente | Peniza