pensamento

pensamento

(

  1. s m
    1. [FILOS/PSIC]

      Facultade de pensar. Filosoficamente adóitase distinguir entre o pensar -actividade ou proceso de orde psíquica- e o pensamento -entidade ideal, atemporal e non psíquica-, segundo sexa psicolóxica ou lóxica a perspectiva que se tome. Entendido como aquilo con que se enfronta ao pensar, o pensamento é calquera ideal, aquilo que aparece no home e que é obxecto da fenomenoloxía e das teorías do obxecto ou ontoloxías rexionais (E. Husserl, A. Pfänder). Entendido, en cambio, como a actividade intelectual e psicolóxica, o pensar foi estudado en relación ao real e ao chamado coñecemento sensible. Desde o punto de vista da psicoloxía, o pensamento pode dividirse en asociativo (associative thinking) e en dirixido ou inmediato (directed thinking).

    2. Acción e efecto de pensar.

    3. Sentenza que recolle o carácter ideolóxico dunha doutrina ou dun principio moral.

    4. Conxunto de ideas propias dunha persoa, dunha escola ou dun movemento intelectual.

    5. Xeito de apreciar e valorar algo ou a alguén desde un punto de vista individual e segundo os propios valores.

  2. s m [PLANTA]

    herba da trindade.

Frases feitas

  • Ser coma un pensamento. Actuar con rapidez e con enxeño.

  • Vir ao/ó pensamento. Vir á memoria.

Refráns

  • Dime como vives e direiche como pensas.
  • O pensamento voa sen ás.
  • O pensar non é saber.
  • Pensa mal e non te arrepentirás.
  • Pensar non é o mesmo que saber.