penso
penso
(
s
m
[AGR]
Porción de gran, palla, alfalfa ou outro alimento seco que se lle dá ao gando, especialmente ao de estabulación total, xeralmente a unhas horas e en cantidades determinadas. A utilización de pensos compostos é antiga, posto que foron, durante moitos anos, simples mesturas de alimentos diferentes. Co tempo pasaron a elaborarse en base a procedementos industriais. A composición do penso, diferente de acordo co gando ao que vai destinado, adoita consistir basicamente en proteínas animais ou vexetais con aditivos de orixe mineral.
Frases feitas
-
Ser largo no penso 1 Ter moita capacidade para comer e beber.
-
2 Comer ou beber moito dunha soa vez.