pentatómido -da
pentatómido -da
-
adx
Relativo ou pertencente aos pentatómidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto hemíptero da familia dos pentatómidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos heterópteros, da orde dos hemípteros, formado por individuos de corpo fortemente esclerotizado e de cor variada segundo as especies. Aliméntanse chuchando o zume dos vexetais ou o sangue doutros insectos, polo que algunhas especies están consideradas pragas de certos cultivos. Teñen unha ampla distribución en todo o planeta.