péntodo

péntodo

(< pent- + gr ὁδός ‘camiño’)

s m [FÍS]

Tubo electrónico de cinco eléctrodos: un ánodo, un cátodo e tres reixas, chamadas de control, pantalla e supresora. Constitúe unha mellora do trétodo, porque a reixa supresora consegue suprimir a emisión secundaria do ánodo. Posúe un valor moi elevado da resistencia interna ri e do factor de amplificación ì.