pepsina
pepsina
(
s
f
[BIOQ/MED]
Enzima proteolítico, illado por primeira vez por J. H. Northrop, que cataliza a hidrólise dos enlaces peptídicos que presentan un grupo carbonilo pertencente a algún dos seguintes aminoácidos: fenilalanina, triptófano, tirosina, leucina, ácido aspártico ou glutámico. Segrégao a mucosa gástrica dos mamíferos en forma dun precursor inactivo (pepsinóxeno), que se converte en pepsina mediante a súa propia acción catalítica en presenza do ácido clorhídrico que contén a mucosa gástrica.