pequinés -sa

pequinés -sa

(< topónimo Pequín)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Pequín ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Pequín.

  1. Aplícase á raza de cans de compañía, de orixe chinesa, de pequenas dimensións e coa cabeza masiva, o fociño chato, amplo e engurrado, os ollos saíntes, as orellas caídas e o rabo longo e elevado. O pelo é longo, duro, liso e abundante, e pode ser de calquera cor.