peralte

peralte

(

  1. s m [ARQUIT]

    Aquilo que, na altura dun arco, dunha bóveda ou dunha estrutura similar, excede o semicírculo.

  2. s m [TRANSP]

    Pendente transversal que existe, nunha curva dunha vía de ferrocarril ou dunha estrada, entre os dous carrís ou entre os dous bordos exterior e interior dunha curva de estrada, respectivamente, co fin de evitar, dentro duns límites de velocidade, que o vehículo sexa impelido, polo efecto da forza centrífuga, contra a parte exterior da curva ou que sufra reaccións laterais violentas que, a gran velocidade, poderían envorcalo.