perdón
(< perdoar)
-
s
m
Acción de perdoar.
-
[DER]
-
s
m
Remisión total ou parcial da pena merecida, dunha débeda ou unha obriga pendentes, por parte de quen ten o poder de outorgalo. Cando o concede a autoridade soberana chámase indulto.
-
perdón da parte ofendida
Extinción da pena cando o delito privado, como a violación, o rapto, ou a inxuria, é perdoado pola parte ofendida. Nos delitos públicos, o perdón afecta só á acción civil derivada do delito, pero non á pena.
-
perdón xudicial
Facultade que algúns códigos penais conceden ao xuíz para que, dentro dos límites establecidos, poida outorgar o perdón dunha pena, cando no delincuente concorren moitos excepcionais de exculpación non previstos no texto legal.
-
s
m
-
s
m
[RELIX]
Remisión que Deus fai das culpas a través de diversos ritos de expiación. No cristianismo obtense en virtude dos méritos de Xesús Cristo, xa sexa como resposta a un acto de contrición, xa sexa mediante o bautismo ou a penitencia. O perdón da pena denomínase indulxencia.
-
s
m
[HIST]
Absolución dada polo señor dun feudo desde o s X ao s XV a favor do vasalo, polas faltas cometidas por este e que deran ou podían dar lugar a rancores.
-
interx
Expresión de cortesía que se emprega para pedir desculpas a alguén.
Ex: Perdón!, podería indicarme onde queda a estación?
Refráns
- A clemencia é irmá da conciencia.
- A gran pecado, gran misericordia.
- A moito amor, moito perdón.
- Consello de sabios é sufrir inxurias e perdoar agravios.
- Consello é de sabios perdoar inxurias e esquecer agravios.
- Guíate dos sabios: perdoa as inxurias e esquece os agravios.
- Máxima de sabios é perdoar agravios.
- O perdón sobra onde a culpa falta.