pereira
(< pera)
-
s
f
[PLANTA]
Árbore caducifolia, de ata 10 m de altura, ás veces espiñosa, que presenta as follas simples, ovadas ou elípticas, serradas ou case enteiras, flores de cor branca, dispostas en pequenos corimbos umbeliformes e froito de forma variable, piriforme ou globoso, e comestibles (peras). Florece en primavera, entre abril e xuño. De orixe descoñecida, cultívase en todas as zonas tépedas do mundo como árbore froiteira e como planta ornamental.
-
pereira brava
[PLANTA]
Árbore caducifolia, de ata 8 m de altura, espiñenta, que presenta as follas alternas, arredondadas e pecioladas, flores hermafroditas de cor branca en corimbos moi curtos e o froito globoso ou ovoide de sabor amargo. Florece entre abril e xuño. Cultivada como planta ornamental en Galicia, é moi frecuente en case todos os bosques.
-
pereira de flor
[PLANTA]
Árbore caducifolia, de ata 14 m de altura, que presenta a copa simétrica e densa, as flores de cor branca e o froito de cor castaña. Orixinaria do centro e S de China, en Galicia cultívase como ornamental en xardíns.
Refráns
- Algún día a miña pereira hame dar peras.