Pereira

Pereira
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica que ten a súa orixe en Chantada (Lugo).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe galega que trae como armas, en campo de prata, unha cruz floreada e baleira, de goles; bordo de prata, con oito escudos de cinco besantes cada un, de prata. Outros traen, en campo de prata, unha cruz floreada, de goles. Outros traen, en campo de prata, unha cruz floreada, de goles, acompañada dunha estrela de oito puntas, de azul, colocada no lado dereito do xefe.Outra variante trae en campo de ouro, unha flor de lis, de goles.