perenne

perenne

(< lat perenne)

  1. adx

    Que ten unha duración indefinida.

  2. adx [BOT]
    1. Aplícase á planta que vive tres ou máis anos. Son plantas perennes as árbores, os arbustos, os matos, as lianas e moitas herbas.

    2. Aplícase ás follas que viven máis de dous anos e non caen antes de estaren formadas outras novas na planta.

  3. filosofía perenne [FILOS]

    Filosofía escolástica segundo o pensamento escolástico. Pola súa propia concepción, considérase a única definitiva.