perestrojka*
perestrojka*
s
f
[POLÍT]
Proceso de reforma na URSS emprendida polo secretario xeral do PCUS Mikhail Gorbačov (1985). Concibida co propósito de superar o estancamento ao que a URSS estivera sometida durante a era Brežnev (1964-1982), impulsou o retorno a unha certa economía de mercado e a política denominada glasnot ou de portas abertas. A reforma pretendeu alcanzar todas as áreas do sistema soviético, como a ciencia, a tecnoloxía, a economía ou a política. Amosouse máis transixente nalgúns conflitos internacionais, como no feito de retirar as tropas soviéticas de Afganistán (1988). O éxito das reformas viuse ameazado pola oposición dos conservadores e os radicais, polo estoupido dos nacionalismos e pola crise económica.