Perillo, Club de Regatas de
Perillo, Club de Regatas de
Club de remo que se creou en 1970 en Oleiros. Nas décadas de 1970 e 1980 participou nos campionatos de España de traiñeiras e bateis. Foi campión galego de traiñeiras en 1974 e 1998, campión galego de bateis en 1977, 1992 e 1996, campión de España de bateis en 1996, 1997 e 1998, e gañou a Bandeira Conde de Fenosa en 1999.