periodismo

periodismo

(< período)

  1. s m

    Exercicio ou profesión de periodista.

  2. s m

    Ciencia da información, particularmente a escrita e manifestada sobre todo a través da prensa e doutras publicacións periódicas. O periodismo, como necesidade de comunicación e de información social, pode considerarse que existe xa desde tempo moi antigo, como en Roma cos Commenterii pontificum, os Annales maximi, as Acta senatus, as Acta diurna populi romani, etc. Coa aparición da imprenta comezaron a publicarse as chamadas relacións, que reunían diversas noticias nun ou dous folios. Estas publicacións de noticias tomaron a miúdo o nome italiano de gazzeta. A transformación destes periódicos simples en grandes informadores produciuse no s XVIII e sobre todo no XIX co desenvolvemento da prensa de masas.

    Sinónimos: xornalismo.