permutación
(< latpermutatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de permutar.
-
s
f
[MAT]
Aplicación dun conxunto de n elementos a n lugares diferentes, é dicir, cada unha das diferentes combinacións que se poden facer cos diferentes elementos, entrando todos eles en cada unha das combinacións. O número de permutacións diferentes que se poden facer cun conxunto de n elementos é n! (n factorial). Se se identifica algúns dos elementos do conxunto, obtéñense as permutacións con repetición.
-
s
f
[LING]
Termo empregado pola escola lingüística glosemática, aplicado usualmente a elementos do nivel do contido e correlativo ao da conmutación, que se aplica ao nivel da expresión. Por exemplo, en O home matou o lobo, se se intercambian os substantivos obtense O lobo matou o home, polo tanto hai permutación entre home e lobo desde o momento en que ambas as dúas son gramaticais e semanticamente distintas.