perruca

perruca

(

  1. s f

    Cabeleira postiza. Usouse desde a Antigüidade como distintivo das clases altas, especialmente entre os exipcios. Durante a Idade Media case non foi utilizada, pero volveu durante o reinado de Luís XIII, e estendeuse por toda Europa. Con Luís XIV as perrucas chegaron a ter grandes dimensións e a raíz da Revolución Francesa o seu uso foi desaparecendo.

  2. árbore das perrucas [PLANTA]

    Planta arbustiva de ata 4 m de altura caracterizada por presentar follas máis escuras pola face que polo envés, co pecíolo moi longo e bordo enteiro. As flores están dispostas en inflorescencias piramidais terminais e son amarelas, florece entre mediados da primavera e principios do verán, e os froitos son de tipo baia, marróns, de pequeno tamaño e agrupados formando acios. Habita en zonas de bosques abertos, desde ao SL de Europa ata China.