persoa
(< lat persōna)
-
Movemento fundado en Francia en 1943 que, con referencia ao personalismo comunitario de Emmanuel Mounier, busca a formación global do home en cada momento da súa evolución, a través da crítica das súas opcións fundamentais.
-
s
f
-
Individuo da especie humana.
-
Individuo da especie humana, cando é alguén indeterminado.
-
-
[DER]
-
s
f
Suxeito de dereito e de deberes.
-
persoa física
Todo ser humano. Os homes son iguais ante o dereito, pero segundo as situacións en que se atopen modifícase a súa capacidade xurídica ou de proceder, como por exemplo os casos de loucura ou de menoridade. A existencia da persoa física comeza no momento do seu nacemento, pero o concibido tense xa por nado en todo o que lle é favorable. Na orde civil considerase nacido o feto se tivo figura humana e viviu vinte e catro horas enteiramente separado do seo materno. A persoa física identifícase mediante o nome e o apelido, un domicilio e o rexistro civil, e a súa extinción prodúcese coa morte. Os dereitos inherentes á persoa extínguense coa morte do titular; os outros dereitos transcenden por herdanza.
-
persoa xurídica
Conxunto de persoas ou de bens recoñecidos polo estado como un suxeito de dereito con personalidade independente dos seus asociados, ou dos seus favorecidos, que se organiza para a consecución dun fin permanente. A súa capacidade redúcese aos dereitos patrimoniais e ostenta a súa representación unha xunta que a lei determina ou que os estatutos establecen. Son persoas xurídicas as corporacións, as asociacións e as fundacións. O estado intervén normalmente nas súas constitucións. As corporacións relixiosas réxense ás veces por concordatos; as fundacións constitúense polo título de fundación e as leis respectivas; e as asociacións que non teñen ánimo de lucro constitúense presentando á administración os seus estatutos e unha relación dos compoñentes da xunta. As persoas xurídicas de orde civil extínguense co cumprimento do termo que se fixara, pola morte dos seus asociados ou porque se esgotou o seu patrimonio.
-
s
f
-
s
f
-
[FILOS]
Individuo humano como ser que, dotado de conciencia, transcende a realidade físico--biolóxica -aínda que sempre está condicionado por ela-, goza dunha radical autonomía, realízase adecuadamente na relación cos outros e pode decidir por el mesmo o seu propio destino. O termo conceptualizouse filosoficamente só no ámbito cristián a partir da filosofía helenística. Comportaba dous sentidos segundo se traducisen as palabras gregas hipóstase (o individuo en tanto que irredutible, incomunicable e irrepetible) ou prósopon (o individuo en tanto que aberto á comunicación e á interrelación e que necesita doutros). Referido ao home, o concepto remarcou, na escolástica, o sentido da individualidade, liña aínda dominante en Descartes. Modernamente insistiuse no aspecto social da persoa e procurouse superar o individualismo. Tipicamente antimoralista e ao mesmo tempo antitotalitarista é a compresión da persoa na filosofía de E. Mounier.
-
[RELIX]
Único suxeito, na cristoloxía, da dobre natureza humano-divina de Xesús Cristo, identificado como a segunda persoa da Trindade. OBS: Tamén se denomina persoa divina.
-
[RELIX]
Cada unha das formas, no dogma da Trindade, nas que Deus se manifesta, na creación e, máis particularmente, no home, e que se relaciona e autocomunica. Corresponde á propia realidade intradivina por como é esta, a que é revelada e se libra na economía da salvación. OBS: Tamén se denomina persoa divina.
-
[FILOS]
-
s
f
[LING]
Categoría gramatical, propia do verbo e do pronome, que fai referencia aos participantes na comunicación e ao enunciado producido. Así, tradicionalmente, distínguense a primeira persoa (eu), referida ao que fala; a segunda (ti), referida ao que escoita; e a terceira (el, ela), referida á persoa ou cousa de quen se fala. A terceira persoa está considerada como unha persoa impropia; de aquí que sexa a usada nos verbos non persoais (chove, neva) e en construcións impersoais (dise, sábese).
Frases feitas
-
2 Persoa que pode verse danada por outras. Ex: Podes facer o que queiras mentres non lles afecte a terceiras persoas.
-
En persoa. Un mesmo. Ex: Entregou os premios en persoa.
-
Por persoa. Por cada un.
-
Terceira persoa 1 Persoa que serve de mediadora en algo Ex: Precisamos dunha terceira persoa que nos axude a decidir.