pertegueiro
pertegueiro
(< pértega)
-
s
m
[HIST]
Ministro secular das catedrais e colexiatas que acompañaba os que oficiaban o acto litúrxico. O seu nome proviña da pértega con puño de prata que portaban na man como insignia.
-
pertegueiro maior de Santiago
[HIST]
Dignidade da catedral de Santiago de Compostela que tiña as funcións de protector e defensor dela e das súas propiedades. Ostentábana persoas da alta nobreza.