pertinente
pertinente
(< lat pertĭnente)
-
adx
Que garda relación ou que é propio do que se expresa.
-
adx
Que resulta adecuado ou útil para algo.
-
adx
[LING]
Aplícase a un trazo fónico que é fonoloxicamente relevante. Cada lingua ten a súa particular organización de trazos pertinentes e non pertinentes, desde o punto de vista fonolóxico. Nunha palabra como casa, o trazo de non sonoridade do primeiro fonema é pertinente na medida en que se distingue de gasa.