Peter Pan

Peter Pan
[LIT/IMAX]

Personaxe literario creado polo escritor inglés sir James Barrie, protagonista, entre outros, da comedia representada en 1904, titulada Peter Pan, or the Boy who Refused to Grow Up. Barrie publicou a historia co título Peter Pan and Wendy (1911) e Walt Disney realizou sobre esta historia unha película de debuxos animados (1953), coa que obtivo un enorme éxito e da que xurdiron diversas versións cinematográficas.

Palabras veciñas

petenera* | petequia | petequial | Peter Pan | Peterborough | Peterborough, conde de | Peterburgo