2 peto

2 peto

(< petar)

  1. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Ave da familia dos pícidos, da orde dos piciformes, que ten as temoneiras co extremo aguzado e a raque ríxida. Aliméntase de insectos e larvas que extraen das fendas da cortiza das árbores, cuxos troncos escala apoiándose no extremo do rabo.

    Sinónimos: picapau.
  2. peto formigueiro [ANIMAL/ORNIT]

    Paxaro duns 16 cm de longo, con sexos iguais, que ten o rabo longo e redondeado, o bico curto, recto e agudo, as patas moi curtas con dous dedos diante e dous detrás, e a plumaxe gris con raias negras, amarelas e terrosas. Cando está en perigo reacciona torcendo o pescozo e levando o bico á cola. Atópase nos bosques de folla caduca, aniña nos ocos das árbores e aliméntase de formigas. É un paxaro migratorio que no verán habita no centro e S de Europa e no inverno emigra a África. En Galicia a súa presenza é estival, especialmente nas zonas do interior.

  3. peto mediano [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de aproximadamente 21 cm e sen dimorfismo sexual, que ten a plumaxe negra e branca, pero co curuto vermello. Vive nas zonas altas dos bosques caducifolios e aliméntase de insectos, sementes, etc. Distribúese por Europa Central e Oriente Próximo, e a súa presenza en Galicia é rara.

  4. peto negro [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 47 cm de lonxitude, de sexos iguais, que presenta plumaxe de cor negra, ollos amarelos e unha mancha vermella no curuto, que nos machos é máis longa ca nas femias. Habita faiais e bosques montañosos de coníferas dunha gran parte de Eurasia. En Galicia só aparece como visitante.

  5. peto pequeno [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 14 cm de lonxitude, que presenta dimorfismo sexual. Ten a plumaxe negra e branca, pero mentres que o macho presenta unha mancha vermella no curuto, a femia tena de cor branca. Vive en bosques caducifolios, preto dos ríos, e distribúese por case toda Europa, aínda que en Galicia a súa presenza é moi pouco común.

  6. peto real [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 23 cm de lonxitude, que ten a plumaxe nas partes superiores negra manchada de branco e as inferiores abrancazadas, e as cobertoiras inferiores caudais vermellas. O macho ten unha mancha vermella na caluga, da que carece a femia. Habita nos bosques dunha gran parte de Eurasia e no NL de África, alimentándose de insectos, larvas, arácnidos, piñóns, etc. En Galicia está estendido por todo o territorio.

  7. peto verdeal [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 31 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, coa plumaxe verde, as partes inferiores máis claras e a rabadilla amarelada; as fazulas son cincentas e o curuto vermello. Habita en bosques e cultivos de Europa, Asia Menor e Irán, ata India, a partir dos 63°N. En Galicia é moi común en todo o territorio, agás en alta montaña.

Formas incorrectas

bolsillo