petroxenético -ca

petroxenético -ca

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á petroxénese.

  2. ciclo petroxenético [XEOL]

    Serie de procesos transformadores responsables da orixe dos tres grandes grupos de rochas. Na superficie terrestre, as rochas están sometidas a procesos erosivos que dan lugar a sedimentos que unha vez soterrados polo proceso da litificación, transfórmanse en rochas sedimentarias. En determinados contextos xeodinámicos as rochas sedimentarias están sometidas a unha serie de transformacións, que dan lugar ás rochas metamórficas. Cando se supera un límite na presión e na temperatura, prodúcese a fusión da rocha (anatexia) coa formación dun magma. Este, no seu ascenso, pode dar lugar a rochas volcánicas (cando acadan a superficie) ou a rochas plutónicas (cando se arrefrían no interior da codia). Ambas as dúas constitúen o grupo das rochas ígneas. Neste punto péchase o ciclo.