Petruška

Petruška
[LIT]

Personaxe principal do teatro de monicreques ruso. Probablemente provén do pulchinelo italiano, con que comparte diversas características, aínda que adaptadas ao país. Xunto con outros personaxes forma o conxunto teatral de improvisación e humor que representa escenas satíricas, cómicas, costumistas, etc.