Peugeot
Peugeot
Marca de vehículos comerciais do grupo francés PSA Peugeot Citroën. A empresa, fundada en 1810 polos irmáns Jean-Pierre e Jean-Frédéric Peugeot, especializouse na fabricación de ferramentas de aceiro e bicicletas ata 1888, cando construíu o primeiro automóbil. En España participaba en Citroën Hispania SA, creada en 1957, e en Talbot SA, ao adquirir as instalacións industriais de Chrysler Corporation en Europa, desde 1979, e nas súas filiais. En 1976 absorbeu Citroën e formaron o grupo PSA Peugeot Citroën.