Phellinus

Phellinus
[FUNGO]

Xénero de fungos, da orde dos himenoquetais, que teñen o sombreiro semicircular ou triangular, coa superfice irregular, de cor parda, moi pilosos e viven fixados lateralmente ao substrato. Son parasitos de piñeiros. En Galicia danse as especies P. pini, P. nigricans e P. pomaceus, que viven sobre árbores froiteiras.

Palabras veciñas

Phataginus | Phatthalung | Phayao | Phellinus | Phelps, Michael | Phetchabun | Phetchaburi