Phillyrea

Phillyrea
[PLANTA]

Xénero de plantas arbóreas ou arbustivas, da familia das oleáceas, que presentan as follas perennes e coriáceas, enteiras ou dentadas. As flores son brancas e dispostas en acios e o froito en drupa. É moi frecuente na rexión mediterránea e, en Galicia, cultívase como ornamental.