Pholas
Pholas
[ANIMAL]
Xénero de moluscos bivalvos, da familia dos foládidos, que teñen a cuncha alongada e valvas rizadas coas liñas de crecemento marcadas. Destaca a especie P. dactylus, que vive en cavidades que escava nas rochas, na madeira ou na area.