Phrynorhombus
Phrynorhombus
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes, da familia dos escoftálmidos, planos, de entre 15 e 20 cm de lonxitude. Presenta os raios da aleta dorsal moi semellantes en lonxitude, cor acastañada e con pintas regularmente colocadas ao longo da cara visible. Nas augas galegas danse as especies P. norvergicus e P. regius.