picada

picada

(< picar)

  1. s f

    Acción e efecto de ferir ou ferirse superficialmente cun obxecto rematado en punta.

    Ex: Foi ao toxo e agora ten as mans cheas de picadas.

    Sinónimos: picadura.
  2. s f

    Acción e efecto de ferir co aguillón ou co peteiro un animal.

    Ex: Teño unha picada de avespa no brazo.

    Sinónimos: picadela, picadura.
  3. s f

    Burato pequeno que se fai nalgunhas superficies cun obxecto rematado en punta.

    Ex: Non podo ir en bici porque a roda ten unha picada.

  4. s f

    Dor forte e pasaxeira que se ten nunha parte do corpo.

  5. s f

    Dito ou feito con que se fire ou mortifica a alguén.

  6. s f

    Inxección de droga.

Palabras veciñas

Picabia, Francis | picacardos | picachón | picada | picadeira | picadeiro | picadela