picafollas
(< picar + folla)
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Nome común co que se coñecen as aves do xénero Phylloscopus, da familia dos sílvidos, de pequenas dimensións, plumaxe pálida ou amarelenta, sen raias, e canto agradable.
-
picafollas asubiador
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 13 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que presenta plumaxe olivácea no dorso, amarela no peito, nas fazulas e nunha franxa enriba do ollo, e branca no ventre; as patas son pardas amarelentas. Vive en bosques caducifolios por enriba dos 600 m e aliméntase de insectos, larvas, etc. De distribución europea, en España é estival e en Galicia existen poucas citas sobre a súa presenza.
-
picafollas cantor
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 11 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que posúe una plumaxe parda olivácea no dorso, amarela no peito e branca no ventre; enriba do ollo ten unha franxa amarela e as patas son pardas. Vive en bosques caducifolios e en zonas de vexetación arbustiva; é principalmente insectívoro, aínda que tamén come bagas. Estival en Europa, pode verse na Península Ibérica, e tamén en Galicia, en paso cara a África, onde inverna.
-
picafollas común
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 11 cm, sen dimorfismo sexual, que presenta plumaxe do dorso parda olivácea e o peito amarelo claro, as patas verdosas e unha franxa supraocular amarela. É un paxaro moi nervioso que pasa o día alimentándose de insectos e eirugas. Pode localizarse nas ribeiras dos ríos, en parques e campos con poucas árbores. Distribúese practicamente por toda Europa e na Península Ibérica é sedentaria e cría.
-
picafollas de Bonelli
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 11 cm de lonxitude, sen dimorfismo sexual, que presenta plumaxe dorsal parda cincenta, coa mitra amarela, o ventre e o peito branco, ao igual que a franxa supraocular, e as patas cincentas. Vive en arboredos de coníferas e caducifolias, e ten alimentación insectívora. Distribúese por toda Europa durante o estío; en Galicia pode observarse entre abril e setembro no L por riba dos 400 m de altitude.