Picea
Picea
[PLANTA]
Xénero de árbores, da familia das pináceas, que miden máis de 30 m, coa copa de forma cónica. Teñen follas verdes, que poden ser azuladas ou amarelentas segundo a especie, e que presentan piñas terminais. Empregadas como ornamentais, a súa madeira é moi utilizada en carpintaría. O máis coñecido en Galicia é o abeto rubio, P. abies.