picnoclina
picnoclina
(
s
f
[ECOL]
Separación horizontal que ten lugar entre masas de auga de diferente densidade a causa de diferenzas térmicas, de salinidade, etc. Nos mares e lagos en que se forman, as augas profundas son termicamente moi estables, mentres que as superficiais varían de temperatura de acordo coas estacións. As augas máis profundas poden non mesturarse nunca coas outras.