Pico Sacro, San Sebastián do

Pico Sacro, San Sebastián do

Capela situada no Pico Sacro (Boqueixón). Pertenceu a un mosteiro dedicado tamén a san Sebastián fundado en 904 polo bispo Sisnando por orde de Afonso II. En 912 Ordoño II cedeuno con todas as súas pertenzas ao mosteiro de San Martiño Pinario. Abandonado, foi restaurado no s XII ata que foi finalmente abandonado. Da igrexa non se conserva nada e do mosteiro só esta pequena capela, dunha soa nave e capela maior rectangular, cun arco triunfal semicircular peraltado que descansa sobre columnas exentas. No lugar houbo unha torre que servía para vixiar os camiños que, atravesando o Ulla, chegaban ata Santiago de Compostela.

Palabras veciñas

Pico Grande | Pico Sacro | Pico Sacro, Editorial | Pico Sacro, San Sebastián do | Pico, alto do | Pico, alto do | Pico, alto do