piérido -da
piérido -da
(< lat científico Pieris)
-
adx
Relativo ou pertencente aos piéridos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos piéridos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos, da orde dos lepidópteros, caracterizada polas cores dominantes branca e amarela con manchas negras. Son ropalóceros (bolboretas diúrnas) de voo lento e marcado diformismo sexual. As eirugas aliméntanse preferentemente de brasicáceas, polo que poden constituír pragas agrícolas, como acontece co verme ou a bolboreta da col (Pieris brassicae).