pietismo

pietismo

(

  1. s m [RELIX]

    Conxunto de movementos iniciado no seo das igrexas reformadas e característico do luteranismo alemán, que puxo o acento sobre a experiencia relixiosa persoal fronte á excesiva fixación dogmática. Entre os seus precursores estaba J. Labadie, J. J. Gichtel e J. Böhme, pero foron sobre todo Phillip Jacob Spencer e August Herman Francke os que lle deron forma, mentres que Nikolaus Ludwig Zinzendorf e a súa comunidade de irmáns bohemios contribuíron á súa expansión. Naceu das reunións organizadas por Spencer a partir de 1670, dedicadas ao estudo bíblico e aos autores místicos da tradición xermánica. A oposición do luteranismo ortodoxo e o Aufklärung, como tamén o progresivo rigorismo do pietismo, influíron na súa desaparición.

  2. s m [RELIX]

    Afectación de piedade ou devoción.