Pili Carrera

Pili Carrera

Empresa de moda infantil fundada en Vigo en 1963. Comezou coa fabricación de pezas de punto para bebé, ata que coa súa expansión, elaborou coleccións para nenos (0-14 anos), embarazadas, complementos e artigos de cosmética, puericultura e decoración. A distribución dos seus produtos realízase a través de tendas propias (a primeira inaugurouse en 1991), franquicias e boutiques multimarcas. O seu volume de exportación internacional abarca máis de vinte países.

Palabras veciñas

Piles, Roger de | piletrombose | Pilgrimage of Grace | Pili Carrera | pili- | Pilica | pilidio