pilocarpina

pilocarpina

(< lat científico Pilocarpus)

s f [QUÍM]

Alcaloide que se localiza nas follas do jaborandi. Presenta unha elevada toxicidade e emprégase en medicina, xeralmente en forma de hidrocloruro ou nitrato, na preparación de pomadas e tónicos para o cabelo e en forma de colirio, para contrarrestar o efecto dos midriáticos.

Palabras veciñas

Pilo, Carl Gustaf | Pilo, O | pilo- | pilocarpina | Pilocarpus | Pilocha | Pilon, Germain