pimpinela
pimpinela
(< lat tardíopimpinēlla)
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea, perenne, de follas pinnaticompostas, con folíolos festonados ou incisos, de flores apétalas, verdosas ou pardas, agrupadas en glomérulos, e de froitos en aquenio. Florece entre maio e setembro.
-
pimpinela maior
[PLANTA]
Planta herbácea, perenne, de 20 a 100 cm de altura, de follas pinnaticompostas, e con flores purpúreas, xuntas en glomérulos, e de froitos en aquenio. Dáse en prados de sega, nos Pireneos e nas zonas húmidas de Europa.