Pinna

Pinna
[ANIMAL]

Xénero de bivalvos lamelibranquios, da familia dos pínnidos, que presentan a cuncha triangular, de gran tamaño e con vértices agudos. Viven fixos á area do fondo mediante un biso formado por filamentos moi fortes, ou coa punta da cuncha soterrada, a profundidades de ata 10 m. Destaca a nacra, P. nobilis, que habita no Mediterráneo. En Galicia localízase P. rudis, que pode medir máis de 30 cm.