Piñeira

Piñeira
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe galega que trae como armas en campo de goles, cinco piñas de ouro colocadas en aspa. Outra variante trae escudo partido, primeira partición en campo de ouro, unha aguia de sable, e segunda partición, en campo de azul, unha cruz floreteada de sinople.