Piñeiro
Piñeiro
-
[ONOM]
Apelido de orixe galega que tivo o seu asentamento primitivo en Betanzos e que se estendeu por toda a Península Ibérica.
-
[HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de azur, un castelo de prata adestrado dunha árbore de sinople. Outra trae, en campo de ouro, unha faixa de sinople, acompañada de dúas árbores de sinople, unha no alto, e outra no baixo. Outra, escudo tallado: primeiro, de goles, con cinco piñas de ouro, en dúas faixas de tres e dúas; segundo, en campo de azul cun pau de prata fileteado de ouro.