piorno

piorno

(< lat viburnu)

  1. [PLANTA]
    1. s m

      Nome que reciben distintas especies de arbustos dos xéneros Cytisus e Genista, da familia das fabáceas, que presentan flores amarelas.

    2. piorno branco

      xesta branca.

    3. piorno das brañas

      xesta das brañas.

    4. piorno de follas pequenas [Genista micrantha, Fam das fabáceas]

      Arbusto de ata 50 cm de altura, sen espiñas, que presenta follas lanceoladas, flores amarelas dispostas en acios terminais e froito en legume. Florece entre maio e agosto, e é endémica do NO da Península Ibérica.

    5. piorno de tres espiñas [Genista triacanthos, Fam das fabáceas]

      Arbusto ergueito, de ata 1 m de altura, que presenta espiñas, follas trifoliadas con folíolos lanceolados, flores amarelas dispostas en acios laxos terminais e froito en legume. Florece entre marzo e xuño, e en Galicia localízase en toxeiras próximas ao mar.

    6. piorno espiñento [Genista hystrix, Fam das fabáceas]

      Arbusto de ata 120 cm de altura, de follas simples e lineares e oblongas, flores agrupadas no cumio das pólas novas de cor amarela e froito en legume. Florece entre maio e xullo.

    7. piorno teixo [Genista obtusiramea, Fam das fabáceas]

      Arbusto de ata 150 cm de altura, de follas elípticas e pilosas, e froito en legume. Florece entre maio e xullo, e en Galicia sitúase nas zonas de montaña de maior altitude.

  2. s m [PLANTA]

    codeso.

  3. s m

    Hórreo que se fai con codesos entretecidos. OBS: Tamén se utiliza este termo nalgunhas zonas de Galicia para designar o hórreo en xeral.

Palabras veciñas

Piornedo | Piornedo | piorneira | piorno | piorrea | Piosa, arca da | piosalpinxite