piquete

piquete

(< fr piquet)

  1. s m [BÉL]

    Grupo pouco numeroso de soldados que se ocupa de diferentes servizos especiais.

  2. [POLÍT]
    1. s m

      Grupo pouco numeroso de persoas que, nunha folga ou nunha revolta, se ocupa de impedir, mediante métodos pacíficos ou coactivos, que outros realicen o traballo, vaian votar, ou ben que se manifesten a favor ou en contra dalgunha idea ou programa.

    2. piquete informativo

      Piquete que durante unha folga informa aos seus compañeiros para que se unan á protesta.

Palabras veciñas

Piqueras, porto de | Piquet, Nelson | Piqueta | piquete | pir(o)- | pira | Piracicaba